Convocatoria do IV Premio ConVivimos 2026 de convivencia e benestar emocional
9 de julio de 2026
Convocado o IV Premio ConVivimos 2026 de convivencia e benestar emocional para centros docentes públicos durante o curso 2025/26.
Información destacada
A Consellería publicou a convocatoria do IV Premio ConVivimos 2026 de convivencia e benestar emocional, dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso escolar 2025/26.
O obxectivo desta convocatoria é recoñecer as actuacións desenvolvidas polos centros educativos en materia de convivencia escolar, benestar emocional, participación e mellora do clima educativo.
Categorías de participación
- Categoría A: educación infantil e educación primaria.
- Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Dotación dos premios
Concederanse, para cada categoría, os seguintes premios:
| Premio | Importe |
|---|---|
| 1º premio | 5.000 € |
| 2º premio | 2.500 € |
| 3º premio | 1.000 € |
| Mención de honra | 500 € |
Solicitudes e prazo
Cada centro docente poderá presentar unha única solicitude, na que se recollerá, mediante unha memoria descritiva, o conxunto de actuacións levadas a cabo polo centro en materia de convivencia e benestar emocional.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación da resolución no portal educativo da Consellería ata o 30 de setembro de 2026, incluído.
Documentación
Resolución do 3 de xullo de 2026 Anexo I: solicitude Anexo II: memoria descritiva Anexo III: baremo Anexo IV: certificado do profesorado participante