Resolución instrucións horarios 2026/27 (Borrador)
- Negociaciones y acuerdos
6 de junio de 2026
```html
A Consellería remitiu ás organizacións sindicais o borrador de resolución pola que se ditan instrucións sobre a xornada semanal do persoal docente para o curso 2026/2027.
O documento concreta a organización da xornada semanal do profesorado e adapta os horarios docentes ás medidas previstas no acordo, especialmente no relativo á redución da carga lectiva e á distribución da permanencia no centro.
📄 Descargar borrador da resolución
Consulta o texto completo do borrador das instrucións sobre a xornada semanal do persoal docente para o curso 2026/2027 remitido pola Consellería ás organizacións sindicais.
👩🏫 Infantil e Primaria
- 23 horas de carácter lectivo.
- 5 horas de carácter non lectivo con presenza no centro.
- 9,5 horas de non obrigada presenza no centro.
- Total: 37,5 horas semanais.
📚 Secundaria, Bacharelato, FP e ERE
- 18 sesións lectivas.
- 5 sesións complementarias fixas.
- 7 horas de permanencia non fixa.
- 7,5 horas de non obrigada permanencia no centro.
- Total: 37,5 horas semanais.
Aspectos destacados do borrador
- Regúlase a xornada semanal do profesorado para o curso 2026/2027.
- Establécese a distribución entre horario lectivo, complementario e horario de non obrigada permanencia.
- Defínense as tarefas que computarán dentro das sesións complementarias.
- Actualízase a regulación das gardas, titorías, coordinacións e outras funcións docentes.
Distribución das sesións complementarias
- 1 sesión fixa para atención ás familias.
- 4 sesións fixas destinadas a gardas e outras funcións non lectivas.
- 7 horas de permanencia non fixa para reunións, avaliacións, coordinacións, formación e outras tarefas docentes.
Coordinacións e responsabilidades organizativas
O borrador regula as asignacións horarias para equipos directivos, xefaturas de departamento, coordinación de convivencia e benestar, biblioteca escolar, TIC, E-Dixgal, programas plurilingües, dinamización da lingua galega, STEMBACH, Polos Creativos, programas internacionais, FCT, actividades complementarias e outras responsabilidades organizativas dos centros.
Situacións excepcionais
Cando a organización das materias o requira, poderanse asignar excepcionalmente 19 ou 20 sesións lectivas ao profesorado de Secundaria, coa correspondente compensación mediante sesións complementarias e coa supervisión da Inspección Educativa.
Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir do borrador remitido pola Consellería ás organizacións sindicais. O documento atópase pendente de publicar no DOG e poderá sufrir modificacións antes da súa publicación definitiva.
```