Publicada a Resolución de nomeamento e composición dos tribunais das oposicións docentes 2026

  • Empleo
  • Oposiciones

27 de mayo de 2026

A Consellería publica no DOG a composición dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos das oposicións docentes 2026 en Galicia.

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 18 de maio de 2026 pola que se nomea e se fai pública a composición dos tribunais dos procedementos selectivos convocados pola Orde do 18 de febreiro de 2026.

Corpos afectados

  • Corpo de profesores de ensino secundario.
  • Corpo de mestres.
  • Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
  • Procedemento de adquisición de novas especialidades por persoal funcionario de carreira.

Constitución dos tribunais

Segundo recolle a resolución, os tribunais deberán constituírse no prazo máximo de cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Unha vez constituídos, deberán dar conta de forma inmediata á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Consulta a resolución oficial

No anexo da resolución figura a composición completa dos tribunais, con titulares, suplentes e segundos suplentes por corpo, especialidade e localidade.

Consultar resolución
CSIF informa de que as persoas integrantes dos tribunais que precisen desprazarse da súa residencia oficial terán dereito ás axudas de custo e aos gastos de viaxe conforme á normativa vixente.

COMPARTIR