Último día para solicitar comisión de servizos por conciliación e por saúde!!!
- Concursos y movilidad
- Comisiones de servicios
8 de mayo de 2026
CSIF Ensino Galicia lembra que hoxe remata o prazo para presentar a solicitude de comisión de servizos por razóns de conciliación da vida familiar e laboral e por motivos de saúde.
Prazo límite
HOXE ÁS 23:59 HORAS
Que se pode solicitar?
- Comisión de servizos por conciliación, para atender situacións relacionadas coa vida familiar e laboral.
- Comisión de servizos por saúde, para persoal docente que precise solicitar destino por motivos médicos ou de saúde.
Recomendacións antes de rematar o prazo
- Revisar que a solicitude estea correctamente cuberta.
- Comprobar que se achega toda a documentación requirida.
- Gardar o xustificante de presentación electrónica.
- Non agardar aos últimos minutos para evitar incidencias técnicas.
Importante
A solicitude debe quedar presentada dentro do prazo establecido. Unha vez rematado o prazo, ás 23:59 horas de hoxe, non será posible rexistrar novas solicitudes.
CSIF Ensino Galicia recomenda ao persoal docente interesado que comprobe canto antes a súa solicitude e complete a tramitación antes das 23:59 horas de hoxe.