Convocatoria de novas seccións bilingües para o curso 2026/27
- Convocatorias
8 de mayo de 2026
A Consellería publica a convocatoria para que os centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario poidan solicitar a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2026/2027.
Prazo de solicitude
O prazo comeza o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG e remata o 31 de maio de 2026.
Obxecto da convocatoria
A resolución ten por obxecto convocar a autorización de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2026/27.
Tamén poderán solicitar a ampliación do programa aqueles centros que xa teñan seccións bilingües autorizadas e queiran incorporalas a outros cursos, etapas, módulos, materias ou linguas.
Presentación da solicitude
A solicitude deberá realizarse en liña a través da aplicación informática do Programa de Seccións Bilingües. A persoa directora do centro accederá coa súa credencial e completará o formulario correspondente.
Ao finalizar o proceso xeraranse os documentos en formato PDF correspondentes aos anexos, que quedarán custodiados no centro educativo.
Datos e documentación necesaria
- Áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos que se solicita a sección bilingüe.
- Etapas e cursos nos que se desenvolverá.
- Lingua estranxeira na que se impartirá a sección.
- Número de alumnado participante.
- Datos do profesorado participante e acreditación da competencia lingüística B2.
- Persoa coordinadora da sección bilingüe.
- Compromiso do profesorado de participar no proxecto durante, como mínimo, dous anos.
- Breve proxecto de participación no programa.
- Aprobación do proxecto polo Consello Escolar, oído o Claustro.
Profesorado participante
O profesorado especialista da área, materia ou módulo non lingüístico que inicie o proxecto deberá ter destino definitivo no centro e acreditar unha competencia lingüística mínima de nivel B2 do MCERL.
A sección bilingüe contará cunha persoa coordinadora e deberá garantir a coordinación semanal entre o profesorado implicado no programa.
Alumnado e funcionamento
Poderá participar o alumnado matriculado nos cursos das etapas para as que o centro estea autorizado. A incorporación require autorización escrita das familias ou titores/as legais.
Con carácter xeral, o número mínimo será de 12 alumnos/as. No bacharelato e na FP específica poderá iniciarse cun mínimo de 10 alumnos/as e no ensino de persoas adultas cun mínimo de 8.
Certificación e memoria final
Antes do 5 de xullo, a persoa coordinadora e o profesorado implicado deberán elaborar unha memoria avaliativa a través da aplicación informática.
O profesorado participante poderá recibir certificación de participación como actividade de innovación educativa: 50 horas para profesorado CLIL/AICLE e 20 horas para a persoa coordinadora.
Resolución do procedemento
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicará no portal educativo a listaxe provisional de centros autorizados. Abrirase un prazo de reclamacións de 5 días hábiles.
Posteriormente publicarase a listaxe definitiva de centros autorizados para o curso 2026/27.