Un Acordo para mellorar o ensino público galego

  • Últimas noticias

30 de abril de 2026

Os últimos días foron intensos no ensino público galego.

O pasado 24 de abril, CSIF, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP anunciamos coa Consellería unha proposta consensuada de medidas que entrarán en vigor o 1 de setembro de 2026, tras o seu paso polos órganos de negociación.

En novembro de 2025 reunímonos todas as organizacións sindicais con representatividade para analizar a situación e buscar a unidade sindical. Esa unidade non foi posible, tal e como CSIF informou no seu momento.

CSIF, valorando a situación xerada, decidiu optar pola vía da negociación, pois naquel momento vimos a posibilidade de lograr melloras para todos os sectores do ensino, como foi sempre a nosa prioridade.

A folga é unha ferramenta lexítima, pero non pode ser un fin en si mesma. Os últimos 18 anos demostraron que as posturas de máximos e a mobilización sen vontade negociadora non dan resultados.

O obxectivo do sindicalismo é claro: abrir negociacións, desbloquear situacións e conseguir melloras reais para o profesorado e para o conxunto do sistema educativo.

E iso é o que facemos: acordar medidas que se traducirán en cambios efectivos nas aulas e no día a día do profesorado galego.

COMPARTIR