COMISIÓNS DE SERVIZO: CONCILIACIÓN E SAÚDE
- Convocatorias
29 de abril de 2026
📅 Prazo de solicitude
Prazo único para as dúas modalidades de comisión de servizo.
- Do 24 de abril ao 8 de maio de 2026, ambos incluídos.
- Curso: 2026/27.
- Modalidades: conciliación da vida familiar e laboral e motivos de saúde.
👨👩👧 Comisión por conciliación ED010A
Para persoal docente que solicita comisión de servizo por razóns de conciliación da vida familiar e laboral.
- Procedemento: ED010A.
- Normativa específica de referencia: Orde do 28 de xuño de 2019.
- Modificación normativa: Orde do 17 de xuño de 2021.
- Solicitude a través de CADP e formalización na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
🩺 Comisión por saúde ED010B
Para persoal docente que precise comisión de servizo por motivos de saúde debidamente xustificados.
- Procedemento: ED010B.
- Normativa específica de referencia: Orde do 24 de febreiro de 2020.
- Modificación normativa: Orde do 17 de xuño de 2021.
- Solicitude a través de CADP e formalización na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
💻 Como presentar a solicitude
As solicitudes fanse electronicamente.
- A solicitude cúbrese a través da aplicación CADP.
- Debe formalizarse na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- É importante gardar o xustificante de presentación.
🧾 Resolución provisional
Publicadas as listaxes provisionais das comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral para o curso 2026/27.
- Concilia (ED010A): publicadas as relacións provisionais de solicitudes admitidas e excluídas.
- Prazo de alegacións: do 9 ao 15 de xuño de 2026, ambos incluídos.
- Saúde (ED010B): pendente de publicación da resolución provisional.
Consulta a noticia completa, os anexos de persoas admitidas e excluídas e a información sobre o prazo de alegacións.
✅ Resolución definitiva
Espazo reservado para incorporar a resolución definitiva cando sexa publicada pola Consellería.
- Estado: pendente de publicación.
- Neste apartado poderase engadir a resolución definitiva das comisións de servizo para o curso 2026/27.
🗂️ Convocatorias anteriores
Consulta rápida de convocatorias de anos anteriores.
Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir das publicacións oficiais da Consellería.