Buscador especialidades

20 de abril de 2026

Francés EOI, Sistemas e Aplicacións Informáticas e Procesos Sanitarios

CSIF Ensino Galicia · Ferramenta de consulta

Que especialidades podo impartir coa miña titulación?

Busca a túa titulación e consulta as especialidades recollidas nas táboas normativas para listas de interinidades e substitucións.

 

Primeiro escolle o tipo de titulación e despois escribe para filtrar só as titulacións dese grupo. Podes engadir varias titulacións, incluso de tipos diferentes. As denominacións proceden das táboas das ordes en galego. Algunhas titulacións requiren condicións adicionais que deben verificarse no DOG. Os requisitos complementarios non se mostran como títulos de Mestre/Maxisterio.

Selecciona unha titulación para ver os resultados.
 

Importante: alcance da consulta

Esta ferramenta é unha consulta orientativa, non un ditame de habilitación. As dúas ordes regulan as titulacións para acceder ás listas de interinidades e substitucións, non unha relación exhaustiva de titulacións para presentarse ás oposicións. Hai equivalencias, requisitos adicionais e supostos condicionados que precisan revisión individual. Un resultado baleiro non significa que non poidas participar nun proceso selectivo.

Fontes: Orde do 2 de outubro de 2023 (DOG do 13/10/2023) e Orde do 18 de xaneiro de 2024 (DOG do 26/01/2024). As referencias de páxina aparecen cando se dispón da localización exacta na fonte. As coincidencias deben contrastarse coa denominación exacta do título e cos requisitos da convocatoria. A orde de 2024 substitúe os apartados de Física e Química e Tecnoloxía da orde anterior.

Consultar orde de 2023 ↗ · Consultar modificación de 2024 ↗

CSIF Ensino Galicia · Por ti, contigo no ensino

COMPARTIR