Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo de varias especialidades nas listas de interinidades e substitucións nos corpos 590, 592 e 598

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

25 de marzo de 2026

✅ Interinidades e substitucións · Resolución definitiva

 

A Consellería publicou as resolucións definitivas do 24 de marzo de 2026 polas que se aproban e publican as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de profesorado de ensino secundario (590), profesorado de escolas oficiais de idiomas (592) e profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional (598).

Recurso de reposición: as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no portal de internet da Consellería.

A presentación deberá realizarse exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o trámite de “recurso de reposición” incluído no procedemento normalizado ED003A. Non se admitirán recursos formulados mediante correo electrónico.

Corpo de profesores de ensino secundario (590)

Resolución definitiva, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas

590053 · Lingua e literatura galega 590111 · Organización e procesos de mantemento de vehículos

Especialidade 590053 · Lingua e literatura galega

Especialidade 590111 · Organización e procesos de mantemento de vehículos

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Resolución definitiva, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas

592009 · Galego

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598)

Resolución definitiva, baremo definitivo e relación definitiva de persoas excluídas

598004 · Mantemento de vehículos

Especialidade 598004 · Mantemento de vehículos

Resumo das especialidades incluídas neste artigo:

  • Corpo 590: Lingua e literatura galega; Organización e procesos de mantemento de vehículos.
  • Corpo 592: Galego.
  • Corpo 598: Mantemento de vehículos.

Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir das publicacións oficiais da Consellería. Recoméndase revisar a documentación completa e presentar, de ser o caso, o recurso de reposición exclusivamente pola sede electrónica.

COMPARTIR