Publicada a ORDE das Oposicións Docentes 2026

  • Empleo
  • Oposiciones

23 de febrero de 2026

Publicada no DOG a ORDE de Oposicións 2026

Publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ORDE do 18 de febreiro de 2026 pola que se convocan os procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación professional e mestres, así como o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira destes corpos da Comunidade Autónoma de Galicia (código ED001A).

📅 Prazos de inscrición

  • Inicio: 24 de febreiro de 2026
  • Fin: 16 de marzo de 2026 (inclusive)
  • Duración: 15 días hábiles

O prazo cóntase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

💻 Tramitación na Sede electrónica

A presentación de solicitudes debe realizarse exclusivamente por vía electrónica a través do procedemento oficial:

🧭 Tutorial CSIF · Como matricularse (paso a paso)

Poñemos á dispoñición da afiliación un tutorial práctico co proceso de matriculación paso a paso na Sede electrónica (presentación da solicitude, anexos e comprobacións finais), para facilitar a tramitación e evitar erros.

📘 CSIF INFORMA · Resumo da convocatoria

Desde CSIF Ensino Galicia elaboramos un documento no que recollemos un resumo das principais cuestións que recolle a orde, así como a relación das prazas ofertadas por corpos e especialidades, co obxectivo de facilitar unha visión clara e estruturada da convocatoria.

📎 Documento oficial no DOG

Desde CSIF Ensino Galicia iremos analizando en detalle a convocatoria (especialidades, prazas, baremo, fases do proceso selectivo, etc.) e manteremos informada á afiliación de todas as novidades.

📩 Para calquera dúbida ou consulta, non dubides en contactar connosco.

Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial no DOG. Recoméndase a lectura íntegra da orde e dos seus anexos.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR