CSIF insta á Consellería ao pagamento de xullo e agosto ao profesorado substituto con máis de 5 meses e medio de servizos no curso

  • Empleo
  • Retribuciones

17 de febrero de 2026

CSIF Ensino Galicia

CSIF insta á Consellería ao pagamento de xullo e agosto ao profesorado substituto con máis de 5 meses e medio de servizos no curso

CSIF Ensino vén de presentar escrito para recoñecer e aboar os meses de verán (xullo e agosto) ao profesorado substituto que acredite cando menos 165 días (5 meses e medio) de servizos efectivos durante o curso.

📌 Requisito: ≥ 165 días 📅 Meses: xullo e agosto ⚖️ Art. 29.1 LJCA 📄 Resolución 28/06/2017

Que reclamamos?

  • Pagamento de xullo e agosto ao persoal substituto con máis de 5 meses e medio de servizos.
  • Aplicación efectiva do dereito recoñecido no acordo vixente.
  • Recoñecemento administrativo dese período a efectos de cómputo de servizos.
  • Información á organización sindical das actuacións que se leven a cabo.

Fundamento normativo

A reclamación preséntase pola vía do art. 29.1 da Lei 29/1998, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e fundaméntase na Resolución do 28 de xuño de 2017 (DOG 11 de xullo de 2017), que regula as condicións do profesorado interino e substituto.

Recoñécese o dereito ao pagamento de xullo e agosto ao profesorado que preste servizos durante un curso cando menos cinco meses e medio.

COMPARTIR