CSIF Galicia organiza a IV Xornada Autonómica de Igualdade
- Igualdad
12 de febrero de 2026
CSIF Galicia organiza a IV Xornada Autonómica de Igualdade baixo o lema “Igualdade 360º: O fío que tece o futuro”. Un encontro para reflexionar e avanzar en igualdade de xénero no ámbito laboral e no emprego público.
📍 Datos xerais
- Data: 25 de febreiro de 2026
- Lugar: Santiago de Compostela
- Espazo: Salón Obradoiro II · Hotel Oca Puerta del Camino
- Lema: “O futuro non se improvisa, négociase en igualdade”
📝 Inscricións
- Prazo: ata o 20 de febreiro de 2026
- Contacto: vicesecretaria77@csif.es
- Teléfono: 981 939 042
📅 Programa da xornada
MAÑÁ
| Hora | Actividade | Relatoría |
|---|---|---|
| 9:00 – 9:30 | Apertura e benvida | Ana García Campos Secretaria Técnica de Igualdade · CSIF Galicia |
| 10:00 – 12:00 | “As contas claras”. Como sei se no meu centro de traballo se paga menos ás mulleres por traballo de igual valor? |
María Hermo Rodríguez Directora de proxectos de Compensación e Talento |
| 12:00 – 12:30 | Pausa / Café | — |
| 12:30 – 14:00 | Obradoiro de Auditoría Retributiva | María Hermo Rodríguez Directora de proxectos de Compensación e Talento |
| 14:30 – 16:00 | Almorzo | — |
TARDE
| Hora | Actividade | Relatoría |
|---|---|---|
| 16:00 – 17:00 | “A Saúde Mental ten Xénero”: riscos psicosociais e invisibilidade emocional no emprego público |
Mª Encarnación Sousa Rodríguez Subdirectora Xeral Técnica e de Planificación Laura Neira Fernández Vicepresidenta da Asociación Enfermería do Traballo de Galicia · Técnica de Saúde Laboral |
| 17:00 – 18:00 | “Corresponsabilidade”: a peza clave para o emprego público do futuro |
María Ángeles García Pérez Consultora/Formadora en políticas de igualdade de xénero e RSC |
| 18:00 – 18:30 | Mesa de testemuñas: “Eu tamén concilio”. Rompendo barreiras en sectores masculinizados |
Eva Fernández Urbón Secretaria nacional de igualdade e responsabilidade social · CSIF |
| 18:30 | Conclusións e clausura: “O futuro non se improvisa, négociase en igualdade” |
Eva Fernández Urbón Secretaria nacional de igualdade e responsabilidade social · CSIF |
A xornada enmárcase nas medidas para fomentar a igualdade de xénero no diálogo social e na negociación colectiva.