Convocatoria proceso selectivo para ingreso no Corpo de Maestros 2026 - Madrid

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

12 de febrero de 2026

Plazo de instancias, a partir do 13 de febreiro.

Publicada no BOCM do 12 de febreiro de 2026 a Resolución do 2 de febreiro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo de ingreso no Corpo de Mestres 2026 na Comunidade de Madrid, así como o procedemento para a adquisición de novas especialidades no devandito corpo.

📅 Prazo de instancias

  • 20 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación no BOCM (é dicir, dende o 13/02/2026).

A presentación fóra de prazo supón a exclusión do procedemento.

🧾 Datos clave da convocatoria

  • Prazas convocadas: 685 (das cales 48 reservadas para persoas con discapacidade).
  • Taxa por dereitos de exame: 69,32 €.
  • Tramitación: a través da Aplicación Docente de Oposicións (ADO) no portal oficial da Comunidade de Madrid.

🎯 Distribución de prazas por especialidade (Corpo de Mestres)

Especialidade Código Acceso libre Reserva discapacidade Total
Audición e Linguaxe AL 58 4 62
Educación Infantil EI 138 11 149
Educación Física EF 57 4 61
Lingua estranxeira: Inglés FI 134 10 144
Lingua estranxeira: Francés FF 3 0 3
Música MU 35 3 38
Pedagoxía Terapéutica PT 150 12 162
Primaria PRI 60 4 64
Lingua estranxeira: Alemán FA 2 0 2
TOTAL 685

Nota: só se pode concorrer por un único acceso e especialidade.

Ligazóns oficiais
Como se presenta a solicitude?
  • Abono da taxa correspondente (por especialidade).
  • Cumprimentación e presentación da solicitude na aplicación ADO.
  • Aportación da documentación e rexistro electrónico.

Recoméndase gardar o xustificante/recibo que xera a aplicación tras o rexistro.

Subsanación e listas de admitidos/as

Unha vez remate o prazo de instancias, publicarase resolución coas listas provisionais de persoas admitidas e excluídas no BOCM.

As subsanacións realízanse pola propia ADO dentro do prazo que se indique na resolución de listas.

Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial. Recoméndase consultar o texto íntegro da resolución e anexos.

COMPARTIR