Asinado o acordo que pon fin ás oposicións obrigatorias para o persoal consolidado
- Negociaciones y acuerdos
11 de febrero de 2026
Hoxe, 11 de febreiro, os sindicatos CSIF, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP asinamos unha addenda ao Acordo polo que se regulan as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, coa finalidade de que entre en vigor xa no proceso selectivo de 2026.
✅ Que cambia nas oposicións?
- Elimínase para o persoal docente con posto consolidado nas listas de interinidade e substitucións a obrigatoriedade de presentarse ás oposicións para manter a súa posición na lista.
- Tampouco será preciso presentarse no caso das persoas que teñan unicamente posto consolidado nas listas de Orientación de Primaria.
Aclaración: non é obrigatorio, pero quen o desexe poderá presentarse igualmente e tamén abandonar o proceso en calquera momento sen penalización nas listas.
📲 Novidades nos chamamentos de substitucións
- Incorpórase o novo sistema de chamamentos de persoal substituto mediante unha aplicación informática.
- Ao longo deste curso funcionará en modo de probas en determinadas especialidades con poucos chamamentos, co obxectivo de entrar en pleno funcionamento o vindeiro curso.
- Regúlanse tamén as sancións por non participar no procedemento para quen estea obrigado/a a facelo.
Seguimento e garantías
Será clave unha explicación clara e completa do funcionamento da aplicación. Durante o curso 2026-2027, a comisión de seguimento do Acordo realizará un control continuado, actuando coa flexibilidade necesaria para resolver incidencias e garantir que non se produzan sancións indebidas.
Vacantes non adxudicadas
O acordo permite que as vacantes non adxudicadas se oferten a todo o persoal das listas. Así, quen estea interesado/a en traballar sen restricións poderá solicitalas de forma voluntaria, aínda que isto non dea lugar á consolidación do posto.
CSIF Ensino Galicia informará de calquera novidade e das instrucións que se publiquen para a aplicación práctica destas medidas.