A XUNTA ANUNCIA A CONVOCATORIA DE 1.601 PRAZAS PARA AS OPOSICIÓNS DE ENSINO

  • Empleo
  • Oposiciones

11 de enero de 2026

 

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou o pasado venres día 9 de xaneiro, que a Xunta convocará este ano 1.601 prazas nas oposicións do ensino. O titular do departamento educativo da Xunta detallou a distribución das prazas:

  • 1.388 prazas para ingreso libre (o 86,7% do total).
  • 213 prazas para promoción interna (acceso do corpo de mestres a secundaria, etc).

O número de especialidades que se convocarán e as prazas en cada unha delas concretaranse nas próximas semanas para levalas á mesa sectorial coas organizacións sindicais. Como é habitual, as probas desenvolveranse durante o verán, de tal forma que os docentes poidan incorporarse aos seus novos postos en setembro.

ℹ️ Nota CSIF: Informaremos puntualmente da distribución por especialidades en canto sexa negociada na Mesa Sectorial.

COMPARTIR