Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para interinidades e substitucións no curso 2025/2026 do corpo de mestres, Orientación (597039)
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
13 de noviembre de 2025
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a listaxe definitiva de persoas admitidas e a relación definitiva de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso 2025/26 da especialidade Orientación do corpo de mestres (597039).
Páxina oficial do anuncio Consultar listaxe definitiva (aplicación) Resolución 13/11/2025 (PDF) Anexo I · Listaxe definitiva de excluídas (PDF)
Prazos
Publicación: 13/11/2025 (Portal Educativo).
Recurso potestativo de reposición: 1 mes dende o día seguinte á publicación (do 14/11/2025 ao 15/12/2025) mediante ED001A (opción “Recurso de reposición”) na Sede electrónica.
Recurso contencioso-administrativo: 2 meses dende o día seguinte á publicación.
Especialidade e ámbito
Corpo de mestres — Orientación (597039). Listaxe definitiva para a cobertura de interinidades e substitucións no curso 2025/26.
Acceso á listaxe definitiva
A consulta realízase a través da aplicación Substitutos Listas.
Normativa e documentos
Prazos e vías de recurso
Recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes dende o día seguinte á publicación (vía ED001A). Tamén pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. Consulte a resolución para o detalle procedemental.
Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial do 13/11/2025. Verifique sempre na aplicación “Substitutos Listas” a versión vixente das listaxes.