Programa Radio na Biblio. Resolución Provisional

  • Convocatorias
  • Tecnologías de la Información

13 de octubre de 2025

RESOLUCIÓN PROVISIONAL

Xúntase a Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade. 

Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias.

 

CONVOCATORIA

A Consellería ven de publicar a Convocatoria para a participación no programa RADIO NA BIBLIO, no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe)  para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2025/26.  

O prazo de presentación de solicitudes, será dende o 9 ao 23 de setembro. 

Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática programas bibliotecas (https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/).

COMPARTIR