CSIF reclama unha reforma profunda do sistema educativo e melloras no Estatuto Docente tras o informe da OCDE

  • CSIF Informa

7 de octubre de 2025

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) considera urxente acometer unha reforma profunda do sistema educativo español tras os datos do último informe da OCDE sobre Educación, que reflicte unha situación preocupante para o profesorado.

Segundo este informe, a burocracia é o principal factor de estrés para máis da metade dos docentes, seguida da falta de disciplina nas aulas e da crecente diversidade do alumnado. Ademais, o 40 % do profesorado recoñece sentirse incapaz de atender adecuadamente ao alumnado con necesidades educativas especiais, e o colectivo é un dos máis críticos respecto á súa formación inicial e continua.

Neste contexto, CSIF esixirá este xoves, na nova reunión sobre o Estatuto Docente, a adopción de medidas concretas e urxentes que melloren tanto as condicións laborais do profesorado como a calidade do ensino:

  • Redución xeneralizada das ratios en todos os niveis educativos, para poder atender correctamente ao alumnado con necesidades específicas.

  • Refórzos e desdobres nas materias e grupos con especial dificultade, especialmente en zonas de risco de exclusión social.

  • Baixada do horario lectivo en Primaria e Secundaria, equiparándoo ao doutros países da UE.

Ademais, o sindicato reclama que o Estatuto Docente inclúa medidas que reforcen a autoridade do profesoradomelloras retributivas, e que adapte a titulación e a carreira profesional ás novas esixencias do sistema educativo, xunto cunha reforma do sistema de acceso que garanta a igualdade de oportunidades e o mérito profesional.

CSIF lembra que as ratios elevadas, a excesiva burocracia e a complexa situación da labor docente dificultan que mestres e profesores poidan dedicarse á súa función esencial: ensinar.

COMPARTIR