Convocatoria do Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2025

  • Convocatorias

4 de octubre de 2025

A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional , vén de convocar a segunda edición do Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2025. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 30.000 euros.

Este galardón nace co obxecto de recoñecer aquelas actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo que implicaran un alto grao de compromiso coa loita contra situacións contrarias á convivencia escolar. Este premio enmárcase do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar estando financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través do Programa de Bienestar Emocional en el ámbito educativo.

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
  • Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederase para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

 

A

1º premio

8.000€

2º premio

4.000€

3º premio

2.000€

Mención de honra

1.000 €

 

 

B

1º premio

8.000€

2º premio

4.000€

3º premio

2.000€

Mención de honra

1.000 €

 

Os centros premiados nesta convocatoria recibirán o distintivo de “Tolerancia 0 fronte ao acoso escolar 2025 ”

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na web da consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/).

 

Resolución do 24 de setembro de 2025: Convocatoria

Anexo I: Memoria descritiva

Anexo II: Baremo

Anexo III: Modelo de solicitude

Anexo IV: Autorización para o uso de imaxe de menores

Anexo V: Certificado das persoas docentes que desenvolveron o proxecto

 

COMPARTIR