Programa para o Impulso de Proxectos Innova-Lab
- Convocatorias
10 de septiembre de 2025

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 8 de setembro de 2025, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab.
Na presente convocatoria as modalidades de participación son:
- Bloque 1: Mat-Lab e Leo-Lab.
- Bloque 2: Inter-Lab, Sosti-Lab e Art-Lab.
Cómpre recordar que é obrigatorio seleccionar polo menos unha modalidade do bloque 1 e que o número máximo de modalidades nas que se poderá participar será de 2.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de setembro ata o venres 3 de outubro de 2025, e se realizará por medios electrónicos segundo consta no apartado noveno desta mesma convocatoria.
Achegamos nesta noticia a documentación relacionada.