Acreditación de centros e titorado do prácticum do Curso de especialización pedagóxica e didáctica en FP (2025/26)
8 de septiembre de 2025

A Consellería abre a convocatoria para acreditar centros, coordinadores/as e titores/as responsables do desenvolvemento do prácticum do Curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico de FP durante o curso 2025/26.
🔹 O prazo de presentación de solicitudes será dende o 9 ao 22 de setembro (dez -10 - días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da resolución no DOG).
🔹 Durante ese período a aplicación Xade permanecerá aberta; a partir do peche non se poderán introducir máis centros nin persoas titoras ou coordinadoras.
🔹 Unha vez publicadas as listaxes no portal educativo, as persoas interesadas disporán de cinco (5) días hábiles para presentar alegacións no correo 📩 formacion.fprofe@edu.xunta.gal