LICENZAS POR FORMACIÓN CURSO 2025/26

  • Empleo
  • Licencias y permisos

27 de agosto de 2025

Segundo a resolucion do 1 de agosto de 2025 pola convócanse licenzas .

En relación ás licenzas por formacion non retribuídas para o curso 2025/26 destinadas ao funcionariado docente non universitario, de acordo co establecido no punto sétimo da Resolución do 1 de agosto de 2025, faise pública no anexo a relación de licenzas propostas para concesión, en reserva e excluídas, e ábrese un prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte desta publicación no portal educativo para presentar as reclamacións ou renuncias oportunas.

Tanto as reclamacións como as renuncias deberán enviarse á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos), e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado).

No apartado ASUNTO RELACIONADO da solicitude indicarase, segundo proceda:

  • Reclamación licenza
  • Renuncia licenza

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR