Permutas

  • Concursos y movilidad
  • Permutas

14 de mayo de 2025

CSIF ENSINO GALICIA

Descubre a páxina de PERMUTAS de CSIF, unha plataforma sinxela e intuitiva para todo o profesorado galego. 

Se es docente en Galicia e buscas unha permuta tanto provisional como definitiva, este é o teu lugar. Conecta de forma eficaz e totalmente anónima con outros compañeiros e compañeiras, e, xestiona con facilidade o teu cambio de centro na mesma ou distinta localidade.

Acceder á aplicación de permutas Toda a información sobre permutas

Como utilizar a plataforma de permutas

Preme en cada apartado para ver os pasos necesarios para publicar, consultar ou cancelar unha solicitude de permuta.

1. Introducir nova permuta

Para dar de alta unha nova permuta, preme na opción “Alta de permuta” e introduce os datos solicitados.

Indica correctamente a especialidade, destino e información necesaria para facilitar a procura doutras persoas interesadas.

2. Confirmación da solicitude

Recibirás un correo electrónico confirmando a alta da permuta.

Importante: Garda este correo electrónico, xa que será necesario para cancelar posteriormente a permuta unha vez realizada ou cando xa non estea activa.
3. Consulta de solicitudes

Consulta as permutas publicadas por outros docentes e contacta con persoas interesadas en intercambiar destino.

A plataforma permite atopar coincidencias tanto na mesma localidade como noutras zonas de Galicia.

4. Cancelación da permuta

Se a permuta xa non está activa ou se realizou o intercambio, podes solicitar a súa cancelación.

Se perdes o correo electrónico de confirmación, utiliza a opción “Dúbidas por correo” indicando:

  • Nome e apelidos
  • Correo utilizado na alta
  • Asunto: “Cancelar permuta”
Información importante
  • As solicitudes poden ser provisionais ou definitivas.
  • É recomendable revisar periodicamente as novas publicacións.
  • Conserva sempre o correo de confirmación para futuras xestións.
  • A plataforma está destinada exclusivamente ao profesorado galego.

CSIF Ensino Galicia

Desde CSIF seguimos ofrecendo ferramentas útiles e accesibles para facilitar a mobilidade do profesorado e mellorar a comunicación entre docentes que buscan intercambiar destino.

COMPARTIR