Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2025/26
- Idiomas
28 de mayo de 2025

Resolución do 27 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2025/26 (Próxima publicación no DOG).
- O alumnado de novo acceso deberá realizar a preinscrición entre o 16 de xuño e o 7 de xullo na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta. As persoas que obteñan praza no sorteo de adxudicación terán que formalizar a matrícula do 10 ao 21 de xullo, a través da ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta.
- O alumnado oficial matriculado no curso 2024/25 realizará a reserva de praza e a matrícula na ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:
- Período de matrícula ordinaria: do 9 ao 23 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2024/25 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2025/26 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
- Período de matrícula extraordinaria: do 27 de xuño ao 7 de xullo para o alumnado oficial coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria.