Publicación das cualificacións das probas eliminatorias de coñecemento de lingua galega e castelá OPOSICIÓNS GALICIA 2025
- Empleo
- Oposiciones
26 de mayo de 2025

De conformidade coas bases 8.3 e 9.3 da Orde do 14 de febreiro de 2025, poderanse consultar as cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua galega, valorada polos tribunais nomeados mediante resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, na seguinte ligazón: www.edu.xunta.gal/oposicions
Para estes efectos cómpre seguir as seguintes indicacións:
1.- Menú “Consultas públicas”
2.- Consulta de publicacións dos tribunais do concurso-oposición
3.- Opción Convocatoria Data DOG 17-02-2025, Servizo S
4.- Opción Corpo: 590-Profesores de ensino secundario
5.- Opción Especialidade: 053-Lingua e literatura galega
6.- Opción Tribunal (especial) (escoller o número de tribunal especial ao que foi adscrito o persoal aspirante)