Poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres.
Apertura do prazo para o RECOÑECEMENTO NOVAS ESPECIALIDADES do corpo de mestres/as
- Convocatorias
2 de junio de 2024

O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres deberá posuír algunha das titulacións ou requisitos que figuran no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
O prazo permanecerá aberto, nesta convocatoria, desde o 1 de xuño ata o 1 de xullo, de acordo co apartado sétimo da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A).
As solicitudes poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, https://www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
- NORMATIVA