Resolución provisional de centros admitidos. Recoñecemento dos traballos de investigación do alumnado STEMbach
- Convocatorias
29 de mayo de 2024
Relación provisional de traballos de investigación admitidos na convocatoria de recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2023/24 en virtude do establecido na Resolución do 4 de abril do 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicase:
• Listaxe de proxectos e centros admitidos nesta convocatoria (ver Anexo I)
• Listaxe de proxectos e centros non admitidos nesta convocatoria (ver Anexo II) por presentar a solicitude de participación defectos formais ou omisión dalgún documento esixido.
Os centros do Anexo II contan con un prazo máximo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta relación provisional na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para que emenden ou completen a documentación da súa solicitude. De non facelo, entenderanse por desistida da súa solicitude. Esta emenda será dirixida á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que deberá presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), que se deberá identificar coa denominación “Proxectos de investigación STEMbach”, xunto coa documentación complementaria. Para a presentación das reclamacións ou renuncias poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).