Programa EduMob de intercambio individual coa Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2024/2025
- Convocatorias
26 de mayo de 2024

Solicitudes dos centros e prazo de presentación.
1. Os centros interesados en participar no programa EduMob de intercambio individual presentarán unha única solicitude, facendo chegar a seguinte documentación:
Anexo V. Solicitude do centro e candidaturas do alumnado.
Anexos I e III para cada candidatura presentada.
O envío dirixirase á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A) [https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica].
2. A solicitude deberá identificarse – no campo asunto relacionado- coa denominación EduMob– SIPE.
3. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/). Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.