Localidades de exame oposicións Galicia 2024
- Convocatorias
25 de mayo de 2024

Haberá 195 tribunais que supervisarán o correcto desenvolvemento do proceso, no que 21.230 persoas optan a 1.743 prazas, o 86% delas de novo ingreso
Os exames desenvolveranse en 15 localidades das catro provincias galegas, en concreto na Coruña, Ames, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ribeira, Lugo, Castro de Rei, Ourense, O Carballiño, Pontevedra, Lalín, Ponteareas, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
O maior número de tribunais estará nas probas das especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, un total de 102; mentres que para mestres haberá 76 tribunais, para profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional haberá sete, para profesores de escolas oficiais de idiomas cinco, para a acreditación do coñecemento de idioma (galego e castelán) catro tribunais e para inspectores de educación un tribunal.
Por provincias, haberá 84 na da Coruña, 22 na de Lugo, 23 na de Ourense e 66 na de Pontevedra. A provincia con máis opositores é, en consonancia, a da Coruña, con 9.049 opositores, seguida da de Pontevedra, con 7.586. Na de Lugo están inscritos 2.231 opositores e na de Ourense 2.364