Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais

  • Concursos y movilidad

14 de mayo de 2023

 
 
📢 Convocatoria

Convocatoria do Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais para o curso 2026/27.

Información principal
  • Procedemento: ED002B.
  • Prazo de presentación: do 19 de xuño ao 10 de xullo de 2026, ambos incluídos.
  • Presentación: mediante a aplicación CADP e a Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Curso académico: 2026/27.
Quen debe participar?
  • Persoal docente sen destino definitivo.
  • Persoal desprazado por falta de horario.
  • Persoal funcionario que solicita o reingreso ao servizo activo.
  • Persoal con comisión de servizos.
  • Persoal interino e substituto.
  • Outros colectivos recollidos na convocatoria oficial.
Renuncias e non participación

A non participación no CADP debe solicitarse mediante o procedemento específico e só se autoriza cando se cumpra algunha das causas previstas na normativa.

  • Coidado de fillas ou fillos nos supostos previstos.
  • Coidado dun familiar ao cargo.
  • Enfermidade grave da propia persoa docente.
  • Violencia de xénero, violencia sexual ou violencia terrorista.
  • Ampliación de estudos oficiais.
  • Servizos especiais.
  • Contrato laboral, traballo por conta propia ou servizos noutro posto do sector público.
  • Curso de formación relacionado coa lingua galega impartido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A falta de presentación do CADP non substitúe a solicitude formal de non participación.
Resolución das solicitudes de non participación
  • Anexo I: solicitudes estimadas.
  • Anexo II: solicitudes desestimadas.
  • Recurso potestativo de reposición: un mes desde o día seguinte á publicación.
  • O recurso debe presentarse por vía electrónica.
📝 Solicitudes

Presentación da solicitude e ordenación das preferencias para a adxudicación de destinos provisionais.

Como se presenta a solicitude?
  • A solicitude debe cubrirse electronicamente na aplicación específica do CADP.
  • A tramitación debe completarse conforme ás indicacións da convocatoria e da Sede electrónica.
  • Se se presentan varias solicitudes, terá validez a última correctamente rexistrada dentro do prazo.
  • É necesario conservar o xustificante de presentación.
  • Gardar un borrador na aplicación non equivale a presentar formalmente a solicitude.
Como ordenar as peticións?
  • Os centros, localidades e concellos deben ordenarse segundo a preferencia real da persoa participante.
  • O sistema comproba as peticións na orde rexistrada.
  • Engadir máis peticións non prexudica as primeiras preferencias.
  • Debe comprobarse que os códigos se corresponden cos destinos desexados.
  • É necesario revisar as especialidades e os posibles requisitos dos postos.
  • Algúns postos poden ser itinerantes ou ter perfís e condicións específicas.
CSIF recomenda: revisar toda a solicitude, os códigos e a orde das peticións antes do rexistro definitivo.
Persoal interino e substituto
  • Debe participar cando así o determine a convocatoria ou a súa situación nas listas.
  • A falta de participación cando exista obriga pode ter as consecuencias previstas na normativa.
  • As persoas incluídas en varias especialidades deben revisar a súa situación en cada unha delas.
  • Non cubrir unha especialidade non equivale a presentar unha renuncia válida.
Recoméndase consultar os casos nos que se pretende participar só nalgunhas das especialidades nas que se figura consolidado ou consolidada.
Persoal funcionario de carreira

Expectativa de destino

Persoal que aínda non obtivo destino definitivo.

Persoal desprazado

Persoal afectado por falta de horario ou outras circunstancias previstas.

Reingreso

Persoas que solicitan o reingreso ao servizo activo.

Persoal provisional

Persoal funcionario sen destino definitivo.

Comisións de servizo

Persoal que solicita ou obtén unha comisión para o curso 2026/27.

Comisións de servizo e CADP
  • A solicitude dunha comisión e a participación no CADP son procedementos relacionados, pero independentes.
  • Solicitar unha comisión non significa que estea concedida.
  • Mentres non exista resolución, debe cumprirse a obriga de participación que corresponda.
  • As peticións deben adaptarse ás condicións recoñecidas na resolución da comisión.
👥 Persoas obrigadas

Publicación das relacións provisionais e definitivas das persoas obrigadas a participar no CADP.

Listaxe provisional
  • Data: 10 de xullo de 2026.
  • A listaxe permite comprobar se a persoa figura como obrigada a participar.
  • Debe revisarse o corpo, a especialidade e a situación administrativa indicada.
⏳ Corpo de mestres ⏳ PES e outros corpos
Listaxe definitiva
  • Data prevista: 23 de xullo de 2026.
  • Publicarase despois de resolver as alegacións presentadas contra a listaxe provisional.
  • A inclusión definitiva determina a obriga de participar nos termos da convocatoria.
⏳ Listaxe definitiva: pendente de publicación
Que ocorre se non participo?

Se unha persoa figura como obrigada e non presenta correctamente a solicitude, poderán aplicarse as consecuencias previstas na convocatoria e na normativa correspondente.

No caso do persoal interino ou substituto, a falta de participación pode afectar á dispoñibilidade ou permanencia nas listas.
✍️ Alegacións

Prazo para formular alegacións contra a listaxe provisional de persoas obrigadas a participar.

Prazo previsto
  • Prazo: do 10 ao 16 de xullo de 2026.
  • As alegacións deben presentarse dentro do prazo establecido na publicación oficial.
  • Non deben enviarse por correo electrónico se a resolución esixe presentación electrónica.
Que se debe comprobar?
  • A inclusión ou exclusión da listaxe de persoas obrigadas.
  • O corpo e a especialidade indicados.
  • A situación administrativa da persoa participante.
  • Os datos persoais e profesionais que poidan afectar á participación.
Documentación

Debe achegarse a documentación necesaria para acreditar o motivo da alegación, seguindo as instrucións da publicación oficial.

⏳ Formulario ou acceso de alegacións: pendente de publicación
🏫 Vacantes provisionais e xubilacións

Relación provisional dos postos que poden ser ofertados no procedemento de adxudicación.

Vacantes Corpo de mestres
Xubilacións
Aspectos que se deben revisar
  • Corpo e especialidade da vacante.
  • Centro, localidade e concello.
  • Tipo de xornada.
  • Postos itinerantes ou compartidos.
  • Perfís lingüísticos ou requisitos específicos.
  • Observacións asociadas ao posto.
As vacantes provisionais poden ser modificadas, corrixidas ou retiradas antes da adxudicación definitiva.
📋 Adxudicación provisional

Publicación provisional dos destinos asignados ás persoas participantes.

Data e consulta
  • Data de publicacion: 24 de xullo de 2026.
  • A resolución permite consultar o destino inicialmente adxudicado.
  • Debe comprobarse o centro, a especialidade, a xornada e as observacións do posto.

⏳ Adxudicación provisional do corpo de mestres (orde de adxudicación) ⏳ Adxudicación provisional do corpo de mestres (orde alfabética)

⏳ Adxudicación provisional de PES e outros corpos: pendente

⏳ Adxudicación provisional de PES e outros corpos: pendente

Orde de adxudicación

O sistema aplica a prioridade establecida para os diferentes colectivos e, dentro de cada un deles, comproba as peticións na orde rexistrada.

  • Colectivo de participación.
  • Corpo e especialidade.
  • Orde que corresponda dentro do colectivo.
  • Vacantes dispoñibles.
  • Orde das peticións.
  • Requisitos específicos dos postos.
Que son as resultas?

As resultas son vacantes que aparecen durante o propio proceso cando unha persoa participante deixa libre o seu destino ao obter outro.

⚠️ Reclamacións e renuncias

Prazo para reclamar contra a adxudicación provisional e, nos supostos permitidos, presentar renuncia.

Prazo 
  • Prazo: do 27 ao 28 de xullo de 2026.
  • As reclamacións deberán presentarse por medios electrónicos a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada (Localizar o último expediente ED002B correspondente á solicitude e premer en Acción → Alegacións).
Motivos habituais de reclamación
  • Erro no colectivo ou na orde de participación.
  • Destino adxudicado sen respectar unha petición anterior.
  • Erro no corpo ou na especialidade.
  • Incumprimento dun requisito ou prioridade acreditada.
  • Erro nos datos persoais ou administrativos.
Renuncias

Prazo: do 27 ao 28 de xullo de 2026.

A renuncia ao destino provisional só pode presentarse nos casos, prazos e condicións recollidos na convocatoria e na resolución provisional.

Non debe confundirse a renuncia á adxudicación provisional coa solicitude previa de non participación no CADP.
As renuncias realizaranse exclusivamente mediante a aplicación web do CADP.

  1. Identificarse mediante Chave365 ou certificado dixital.
  2. Ir ao menú Instancias.
  3. Seleccionar as instancias ás que se renuncia.
  4. Descargar o comprobante.
  5. Se se renuncia a todas as especialidades deberá achegarse a documentación xustificativa.

Se se renuncia a todas as listas, en función do corpo ao que se pertenza, tamén deberá remitirse a documentación a:

📧 persoal.primaria@edu.xunta.gal

📧 persoal.secundaria@edu.xunta.gal

⏳ Acceder á aplicación do CADP
Adxudicación definitiva

Resolución final dos destinos provisionais para o curso 2026/27.

Data prevista
  • Data prevista: 3 de agosto de 2026.
  • A resolución definitiva incorporará os cambios derivados das reclamacións estimadas.
  • Debe comprobarse novamente toda a información do destino adxudicado.
Consulta por corpos
⏳ Adxudicación definitiva do corpo de mestres: pendente ⏳ Adxudicación definitiva de PES e outros corpos: pendente
Efectos e recursos
  • Os destinos producirán efectos administrativos desde a data indicada na resolución.
  • A resolución definitiva indicará os recursos que poden presentarse, os prazos e o órgano competente.
  • As persoas adxudicatarias deben seguir as instrucións de incorporación e toma de posesión.
📍 Toma de posesión

Instrucións para a incorporación ao destino adxudicado no CADP 2026/27.

Efectos administrativos
  • Data prevista de efectos: 1 de setembro de 2026.
  • O persoal deberá incorporarse ao destino segundo as instrucións da Consellería.
  • Debe comprobarse a data de cesamento no destino anterior, cando corresponda.
Incorporación ao centro
  • Contactar co centro adxudicado cando se publiquen as instrucións de incorporación.
  • Presentar a documentación que resulte necesaria.
  • Comprobar os datos administrativos, o corpo, a especialidade e o tipo de posto.
  • Seguir as indicacións relativas á toma de posesión telemática ou presencial.
Instrucións oficiais

As instrucións específicas de cesamento, incorporación e toma de posesión engadiranse cando sexan publicadas pola Consellería.

⏳ Instrucións de toma de posesión: pendentes de publicación
📄 Normativa CADP
Preguntas frecuentes
Podo modificar unha solicitude xa presentada?

Pódese presentar unha nova solicitude dentro do prazo. Como regra xeral, será válida a última correctamente rexistrada.

Engadir máis peticións prexudica as primeiras?

Non. O sistema respecta a orde indicada e só pasa á seguinte petición cando non pode adxudicar unha anterior.

Que ocorre se non presento o CADP estando obrigado/a?

Poderán aplicarse as consecuencias previstas na convocatoria e na normativa correspondente.

Como comprobo que a solicitude foi presentada?

Debe existir un xustificante de rexistro. Un borrador gardado na aplicación non acredita por si só a presentación.

Podo renunciar ao destino provisional?

Só nos prazos, condicións e supostos recollidos na convocatoria e na resolución provisional.

📚 Materiais de axuda CSIF

Guías e materiais elaborados por CSIF Ensino Galicia para facilitar a participación no CADP.

🗂️ CADP cursos anteriores

Consulta dos procedementos e publicacións de cursos anteriores.

CSIF Ensino Galicia actualizará esta páxina coas listaxes, vacantes, resolucións e instrucións que publique a Consellería durante o desenvolvemento do CADP 2026/27.

COMPARTIR