Instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de EP e ESO

  • Normativa

26 de febrero de 2024

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2023/24.

 As probas aplicaranse en todos os grupos de cuarto curso de educación primaria e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria, conforme as instrucións de carácter técnico que dite  a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
 As probas, con carácter xeral, serán aplicadas e corrixidas por profesorado do centro que non imparta docencia ao alumnado avaliado. Este profesorado, na medida do posible, será profesorado que imparta  docencia no centro, na etapa correspondente, e nas áreasou materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira ou Matemáticas.
Cando isto non sexa posible, corresponde á comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico no centro educativo, establecida no artigo 5 da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia, seleccionar o profesorado responsable da aplicación e da corrección das probas e da gravación dos datos.
3. No proceso de corrección aplicaranse os criterios establecidos pola Dirección Xeralde Ordenación e Innovación Educativa para cada competencia avaliada.


 Datas da avaliación


A aplicación das probas da avaliación de diagnóstico realizarase os días 10 e 11 de abril de 2024.
No caso de que algún centro non poida realizar algunha das probas nas datas establecidas, por coincidir cun día non lectivo no centro ou por circunstancias sobrevidas que imposibiliten a súa realización, a dirección do centro afectado comunicarao á Inspección Educativa correspondente   coa maior brevidade posible ou cunha antelación mínima de cinco días hábiles respecto ao inicio das probas. A Inspección Educativa adoptará as medidasnecesarias para que se realicen as probas nunha data inmediatamente posterior.

Os centros docentes deberán rematar a corrección e gravación de datos das probas o día 22 de abril.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR