Convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública

  • Convocatorias

15 de enero de 2024

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2023/24

Convócase a presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2023/2 .

Presentación de solicitudes e prazo.


 As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a travésdo formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galiciahttp://https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistemade usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR