ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Convocatorias

12 de enero de 2024

Ámbito de aplicación


1. Esta proba realizarase en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas correspondentes ao cuarto curso de educación primaria e/ou segundo curso de educación secundaria obrigatoria.
2. Con carácter xeral, esta proba deberá ser realizada por todo o alumnado dos niveis referidos no punto anterior, agás naqueles casos que estableza o órgano superior ou de dirección competente en materia de avaliación do sistema educativo.

 

Comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico nos centros educativos


1. Nos centros educativos que impartan as ensinanzas referidas no artigo 2.1 constituirase unha comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico, procurando a súa composición paritaria, formada polas seguintes persoas:


a) Directora ou director do centro, que a presidirá.
b) Xefes ou xefas de estudos de cada unha das etapas educativas impartidas no centro.
c) Xefa ou xefe do Departamento de Orientación, de ser o caso.
d) Un titor ou titora de cada un dos niveis que se avalían, nomeados pola dirección do centro.

Esta comisión constituirase ao comezo de cada curso escolar e a súa composición reflectirase na correspondente programación xeral anual.

 

Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

COMPARTIR