Convocatoria do programa educativo "Que non te líen, ti elixes"

  • Convocatorias

9 de enero de 2024

Resolución conxunta de 9 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pola que se convoca o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

Alumnado destinatario
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 

 Proceso e prazo de solicitude
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico orientacion.vocacional@edu.xunta.gal co seguinte asunto: Solicitude “Que non te líen, ti elixes”.
O prazo de envío de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta Resolución en https://www.edu.xunta.gal/portal/ e rematará o 6 de febreiro de 2024

 

 

 

COMPARTIR