EduMob, convocatoria e selección de centros e alumnado para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado

  • Convocatorias

17 de noviembre de 2023

Resolución do 13 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca, con carácter experimental, a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2023/2024.

Solicitudes dos centros e prazo de presentación.
1. Os centros interesados en participar no programa EduMob de intercambio individual presentarán unha única solicitude, facendo chegar a seguinte documentación:


Anexo V. Solicitude do centro e candidaturas do alumnado

Anexos I e III para cada candidatura presentada

O envío dirixirase á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través do formulario
correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A) http://[https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica].
2. A solicitude deberá identificarse – no campo asunto relacionado- coa denominación EduMob– SIPE.
3. O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación da presente resolución no portal educativo http://www.edu.xunta.gal/portal/ e rematará o día 30 de novembro de 2023

 

COMPARTIR