Convocatoria XII Programa Educativo Navega con Rumbo
- Convocatorias
17 de noviembre de 2023
Resolución do 15 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a XII edición do programa educativo Navega con Rumbo dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023-2024.
Destinatarios
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria, 1º curso de educación secundaria obrigatoria e 1º curso de ciclos de formación profesional de grao básico dos centros educativo sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Solicitudes e prazo de presentación
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico http://asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal co asunto “Solicitude Navega con
Rumbo 2023-2024”, achegando o documento Anexo I. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir da publicación desta convocatoria no portal educativo.