IV edición do programa educativo Talentos Inclusivos dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023-2024
- Convocatorias
18 de octubre de 2023
Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a IV edición do programa educativo Talentos Inclusivos dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023-2024.

Alumnado destinatario.
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de formación profesional dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O número
máximo de alumnado participante será de 10 por reto. Un centro poderá participar enmáis dun reto, ata un total de 40 alumnos/as por centro.
Solicitudes e prazo de presentación.
As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico inclusion.orientacion@edu.xunta.gal co seguinte asunto: Solicitude Talentos Inclusivos 2023-2024. Xunto coa solicitude achegarase o documento Anexo I como arquivo adxunto.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir da publicación desta convocatoria no portal educativo a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/