Convocatoria do programa educativo “V CiberLiga 2023 modalidade preameateur"

  • Convocatorias

15 de septiembre de 2023

Resolución do 13 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a "V CiberLiga 2023 modalidade preameateur" dirixida a centros educativos de Galicia no curso 2023/24.

A Estratexia Dixital 2030 recolle que desde o ámbito educativo apostarase pola innovación e novos modelos de educación dixital que preparen aos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no ámbito educativo, persoal ou profesional, poñendo á súa disposición os recursos adecuados para propiciar unha aprendizaxe máis dinámica, personalizado, colaborativo e creativo; combinando o
desenvolvemento das súas destrezas tecnolóxicas coa súa capacidade social e cooperativa a través da aplicación de novas tendencias dixitais. Así mesmo, a Conselleríade Cultura, Educación, Formació Profesional e Universidades, consciente da necesidade de educar integramente á comunidade educativa para o exercicio dunha cidadanía dixital, ética, segura e responsable, recolle na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 actuacións específicas cara a unha convivencia dixital responsable. Un dos grandes retos propostos nesta estratexia é o de avanzar en consonancia coa transformación dixital e cos espazos emerxentes de convivencia e relación social. Resulta preciso formar persoas con competencias  para iniciar relacións sas en contornas dixitais Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN,FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

En liña coa anterior, resulta importante destacar que unha adecuada formación da cidadanía en materia de competencias dixitais, representa unha necesidade compartidaentre a totalidade das administracións públicas e as organizacións do sector privado.
Resulta necesario que entre todos estes actores  se desenvolva un esforzocoordinado, co fin de alcanzar o obxectivo de común de lograr unha sociedade máis cibersegura. Entre os referidos actores, máis concretamente entre os pertencentes aoSector Público, atópase a Garda Civil con cuxa Dirección Xeral a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades dá Xunta de Galicia asinou un acordo baixo o título: “Protocolo Xeral de actuación entre a Dirección Xeral da Garda Civil e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia para a coordinación e ou impulso de actividades formativas en materia deciberseguridade” no que se recolle o desenvolvemento de varias accións de formación e información dentro do campo da ciberseguridade dentro das cales se destaca a CIBERLIGA.

 

Prazo de presentación de solicitudes ata o venres, 29 de setembro de 2023.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

GALERÍA

COMPARTIR