Novidades no inicio de curso sobre a aplicación PROENS e a formación sobre deseño curricular

  • Formación
  • Otra formación

12 de septiembre de 2023

Novas funcionalidades de cara a facilitar a elaboración da documentación que ao longo do curso debe xestionar o profesorado coa finalidade de recoller as evidencias e as decisións en torno ao proceso educativo do alumnado.

  • Permitirá a elaboración das adaptacións curriculares individualizadas, permitindo reducir, suprimir ou modificar os criterios de avaliación e os contidos na programación didáctica en cada unha das áreas ou materias.

 

  • Esta nova versión tamén permitirá elaborar programacións didácticas do bacharelato no réxime de adultos a partir dos correspondentes currículos e elaborar programacións de ámbitos e de materias de forma independente nun mesmo nivel educativo da ESO no caso de que nalgún grupo se solicitara a creación de ámbitos con varias materias, e que debe contar cunha programación diferente do dito ámbito.

 

  • O profesorado poida consultar dun xeito cómodo a introdución, os obxectivos e a súa descrición, e as liñas de actuación.

 

  • Incorporarase unha caixa de texto libre na pantalla 2. Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias para xustificar, de ser o caso, a ampliación de relación dos obxectivos coas competencias clave e na pantalla 7.2. Actividades complementarias permitirá a vinculación da actividade cos trimestres.

FORMACIÓN: o próximo 30 de setembro realizarase unha Xornada de Aproximación aos novos currículos, de 8 horas de duración, co obxectivo de contextualizar o currículo a partir do novo modelo de currículo galego e de reflexionar e analizar os cambios introducidos pola LOMLOE. O prazo de inscrición será ata o 15 de setembro.

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR