CSIF ENSINO ESIXE UN ENSINO PUBLICO DE CALIDADE E REIVINDICA A CONTINUIDADE DA FP PRESENCIAL

  • Otros artículos

23 de junio de 2023

Dende CSIF ENSINO vimos esixindo  dende sempre un Ensino Público de Calidade con actuacións que primen sobre os criterios económicos que levan á Administración a facer recortes.

Logo da publicación da nova orde pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros da nosa Comunidade, entendemos que esta calidade educativa debe pasar por manter a FP presencial fronte a FP a distancia, xa que esta última non pode ser en ningún caso substitutiva da modalidade presencial. Debe ser, en todo caso, unha vía complementaria para o alumnado con outras necesidades educativas.

Polo tanto DENUNCIAMOS que a Consellería plantexe a transformación destas ensinanzas sen unha negociación previa coa Comunidade Educativa e os seus representantes. Estas modificacións propostas poñen en evidencia unha mala xestión do diñeiro público investido ata o momento nos recursos e dotacións cos que contan na actualidade as aulas nas que se está a levar a cabo a formación presencial.

As novas propostas de oferta formativa a distancia implican en moitos centros a desaparición de ciclos formativos presenciais, feito que incrementará as listas de espera e a redución do número de  profesorado nestes centros.

CSIF ENSINO esixe unha Formación Profesional Pública e de Calidade, con igualdade de oportunidades para todos e todas, con posibilidades amplas de acceso ás modalidades presenciais  e a distancia, de xeito equilibrado segundo as necesidades.

Dende CSIF ENSINO rexeitamos calquera medida que vaia en detrimento da Ensinanza Pública e a favor do ensino privado nas ensinanzas da Formación Profesional en Galicia.

COMPARTIR