PUBLICADA NO DOG A ADDENDA AO ACORDO DE PERSOAL INTERINO E SUBSTITUTO ASINADA POR CSIF ENSINO
- Otros artículos
13 de abril de 2023

ADDENDA AO ACORDO DE PERSOAL INTERINO E SUBSTITUTO
Velaí as principais modificacións:
- A partir do 1 de setembro de 2023 o persoal que antes formaba parte de listas de especialidades do extinguido corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional integrarase na mesma orde en listas do corpo de Profesorado de Ensino Secundario ou no corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares de Formación Profesional, segundo corresponda.
- A limitación temporal (3 anos) contida no artigo 10.1.a) do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Emprego Público, non resulta de aplicación no que atinxe á cobertura de prazas non estruturais nin resulta de aplicación con relación ao número de nomeamentos con duración por curso académico para o persoal interino quedando claro que ninguén vai fora da lista aos tres anos.
- Incorpórase ao Acordo de interinos a situación da lista de Orientación, como CSIF ENSINO vén demandando dende sempre.
- Na convocatoria de novas listas de interinidades e substitucións modifícase o baremo pasando a tomarse a nota media do expediente académico como criterio para ordear aos novos integrantes.
- Nas prazas de aceptación voluntaria engádense as prazas de atención domiciliaria e as desempeñadas en centros de menores.
- No apartado de Renuncias son varios os cambios:
- Por coidado de fillo amplíase e recóllense situacións que xa estaban incorporadas na Concilia como as situacións da idade en caso de ter varios fillos, familias monoparentais e menores con algún grado de discapacidade, aclarando que a idade dos fillos se ten en conta a 1 de setembro do ano en curso.
- Por ampliación de estudos deixan de estar recollidos os estudos dun ciclo superior de FP e estipúlase un límite de tres anos (ampliable ata 5 anos) nos estudos de título universitario oficial ou de ensinanzas artísticas superiores, de doutor, máster, grao, ou equivalente.
- Poderase renunciar por tres anos máximo non consecutivos por ter un contrato de traballo, prestar servicios noutro posto do sector público ou por ser autónomo con 6 meses de antigüidade.
- Engádese unha formación obrigatoria recoñecida a todos os efectos para persoas que sexan nomeadas por primeira vez.