INSTRUCIÓNS SOBRE A COMUNICACIÓN DA INCAPACIDADE TEMPORAL DO PERSOAL DOCENTE
- Otros artículos
29 de marzo de 2023
É aplicable ao persoal docente do Réxime xeral de Seguridade social: persoas interinas e substitutas.
Non é aplicable ao persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente non universitario que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería
Non é aplicable ao persoal que pertenza ao SISTEMA MIXTO ou MUFACE con asistencia sanitaria de SEGURIDADE SOCIAL.
Instrución nº1/2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a comunicación da incapacidade temporal do persoal non docente e docente non universitario que presta servizos en centros públicos docentes depedentes desta consellería a partir do día 1 de abril de 2023.
(...) O persoal non docente e docente non universitario incluído no Réxime xeral da Seguridade Social que presta servizos en centros públicos docentes dependentes desta consellería deberá comunicar a situación de incapacidade temporal e a previsible duración desta mediante a páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais, lapela Comunicación de incapacidade temporal sen que sexa preciso que se suba á dita páxina ningún parte médico (baixa, confirmación ou alta).