Comité de Seguridade e Saúde 10/11/2026.
- Prevención de Riesgos Laborales
10 de noviembre de 2026
Dende CSIF resumimos o máis relevante do acontecido.
Gas radón: Din que non se deron os resultados de xustiza porque se farán en conxunto por todas as Consellerías á vez pero din que non son preocupantes. A pesar desto, din que se fixeron actuacións en todos os centros, non obstante, agora vai volverse medir nalgúns. Na exposición por parte de Alberto Ruano Raviña (Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Director do Laboratorio de Radón de Galicia) traslada que as medicións realizadas superan os 1000 bcq entre 4 ou 5 e que son todos arquivos; entre 6 ou 7 superan os 300 bcq e o resto de órganos menos de 300 ou entre 300 ou 500. Trasládanos que os riscos son nulos e que é o empleador o que ten que poñer as medidas necesarias para que as oficinas estean ventiladas. Sería importante que houbese persoal formado na mitigación do gas radón.
Ante a pregunta por parte de CSIF de si as medicións de radón se realizaron nas Oficinas de Xustiza no Municipio, contestan que primeiro terminarán cos 45 Tribunais e despois comezarán coas OXM. Dinnos que non hai ningún funcionario/a exposto a máis de 600 bcq y que se están levando a cabo medidas correctoras para mitigar a exposición ao radón en todos os lugares onde sexa necesario.
Nos ARQUIVOS en que sexa necesario colocaráse ventilación forzada
Vannos pasar listado das medidas correctoras.
Dende CSIF solicitamos tamén que se nos remita xa a relación de todos os lugares nos que se fixo a medición e as medidas adoptadas para mitigar o radón.
En canto á avaliación sobre a necesidade de realización de estudos psicosociais no T.I. de Ponteareas e TI de Vilagarcía de Arousa: Unanimidade en que se fagan. Plantéanse reforzar con máis persoal os dous partidos xudiciais e todos aqueles órganos xudiciais onde sexa necesario pola carga de traballo.
Fotocopiadoras no T.I. de Betanzos: Ante a petición de CSIF, di o director xeral que reorganicen as que teñen, non lles van enviar máis.
Van facer limpeza nos arquivos (incluidas pezas de convición) pero necesitan previamente expediente gobernativo. Non se van ampliar arquivos para meter expedientes, teñen que dixitalizarse.
Vannos pasar o proxecto de reforma de Vilagarcía, queren outra sala máis de vistas. A idea é que o persoal funcionario estea nunha planta e os despachos, arriba.
Violencia de Coruña: Vannos enviar os planos de VSM de A Coruña. Confirman que volve para a rúa Monforte e recoñece a DXX que este sindicato CSIF tiña razón cando lles trasladou que o Xulgado de violencia non podía trasladarse ao edificio de Tabacos porque tiña que estar en concordancia co Xulgado de garda e, a pesar diso, o trasladaron. Único sindicato que se opuxo no seu día ao seu traslado e que o tempo deu a razón a CSIF. Lamentamos, non obstante, que os compañeiros de violencia sexan utilizados como marionetas, hoxe aquí e mañá alá. Basta xa de tanta inseguridade e máis coherencia por parte da DXX-
Xulgado de Garda da Coruña: CSIF reitera á DXX que levan anos esperando pola realización das obras menores para que o xulgado teña sala de vistas, sala de espera e aseos públicos. Trasladan que non poden prever para cando se realizarán porque están pendentes do informe da Asesoría xurídica.
Comprometéronse a comunicarnos os inicios das distintas obras que se vaian facendo.
Toman nota sobre o problema da electricidade estática na Fiscalía de Menores de A Coruña.
En canto á reubicación da oficina de atención ao cidadán de Lugo, e tras a petición de CSIF, estanse reunindo o equipo técnico coa presidenta do T.I. de Lugo pero estase valorando a zona do colexio de avogados ou procuradores.
En canto ás obras na cuberta no edificio da rúa Armando Durán de Lugo, está prevista a súa finalización para antes de final de ano.
No que respecta a proposta de reubicación de atención ao cidadán de Ourense, teñen outra opción e valoran levar a oficina do rexistro ao edificio da Audiencia.
En canto ás humidades no T.I. de Trives, están elaborando o proxecto e logo contratarán as obras. Prevése o remate na primavera.
CSIF tamén solicitou que se elimine o tabique da oficina da Fiscalía de Ourense da quinta planta.
Tribunal Superior de Xustiza: Ante a petición de baños con accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, din que están neso.
OXM de Oleiros: Solicitamos que se limpie xa a oficina xudicial pola acumulación de basura e trasladan que pagaron toda a factura pendente da limpieza pero que agora lle toca ao Concello de Oleiros.
Dende CSIF reiteramos que o arco de seguridade do Rexistro Civil de A Coruña leva máis de tres anos sen funcionar e tamén denunciamos que non haxa un desfibrilador.
Trasladamos tamén que na la oficina de NEDA o extintor leva sen revisar desde o 2015. Pasarán a verificalo.
CSIF presentará alegacións por escrito á Dirección Xeral de Xustiza e, unha vez contestadas, informará do seu resultado.