MESA SECTORIAL 10/11/2026: REUNIÓN EMINENTEMENTE INFORMATIVA E CON CONTINUACIÓN O DÍA 24 DE NOVEMBRO.

  • CSIF Informa

10 de noviembre de 2026

Os puntos tratados foron os seguintes:

-Creación de prazas: O director xeral di que lle autorizaron, nos orzamentos do ano 2027, a creación de 27 novas prazas: que podrian estar distribuidas en  6 de xestión, 19 de tramitación e 2 de auxilio. Non obstante, considera que as de Auxilio poderían ir destinadas aos novos VSM de Pontevedra e Lugo e as restantes prazas hai que ver onde. Trasladan que dende a DXX solicitaron a creación de 54 prazas pero que só lle autorizaron as 27. Dende CSIF consideramos estas cifras totalmente irrisorias para as necesidades de persoal que existen e solicitamos a creación, mínimo, de 104 prazas.

Por outro lado, comentou o director xeral que se valora modificar as RPTs pero no sentido de trasvase de efectivos dunha área ou servizo común a outro, non creando novas prazas. Mentres tanto, dixo que irían nomeando reforzos onde fose preciso. CSIF oponse rotundamente a ese tipo de de modificación da RPT pois toda modificación debe implicar creación de prazas, non trasvase de efectivos. 

-Atenea: Din que a formación ten que ser rápida porque a un de xaneiro, Atenea ten que estar en marcha polo contador único por sección. De todas formas, non descartan formación presencial, nos lugares nos que sexa necesario e á petición do/a LAX. Engaden que o sistema Atenea é igual a Minerva, que único que cambia é a carátula. O programa é igual ao do Ministerio, só cambia o portasinaturas e pode ser diferente no sistema operativo. CSIF reitera a formación presencial e a inclusión do galego, así como solución á duplicidade do sistema.

-Borrador de convocatoria de traxectoria profesional e calendario laboral: Dannos traslado ata o luns dia 16 para facer alegacións e continuación da súa negociación o próximo dia 24 de novembro.

-Protocolo de acoso laboral: Falta a firma co Ministerio.

-Vacacións e asuntos particulares: A petición de CSIF, amplíase o desfrute ata o 31 de marzo de 2027. Falarán coas delegacións territoriais.

-En canto á comarcalización de VSM en Pontevedra e Lugo, se se chega a materializar a firma do Real Decreto, no caso de Pontevedra a proposta era con Lalín, Estrada, Marín, Caldas, Cambados e Vilagarcía pero a DXX quere quitar Lalín e Estrada. En canto á comarcalización de VSM en Lugo, a DXX quería extendélo só a Vilalba e Sarria. Trasladan tamén que nestes casos se podería estudar que a vítima poidese declarar desde o seu domicilio. Reiteran que o primordial para a DXX é a creacion destas seccións e se iso implica que sexan comarcalizadas , non se opoñerán a iso porque a súa prioridade é a creación. CSIF reitera que todas as creacións teñer que vir coa conseguinte creación de persoal.

-Gardas 24 horas IMELGA:  Este sindicato CSIF leva anos reclamando as gardas de 24 horas para o IMELGA así como para as Seccións de Instrución da Coruña e VIgo e, agora por fin, a DXX decide aprobalas para o IMELGA porque ao haber unidades MIR é requisito imprescindible para iso. Realizaron reunións co Sergas e a Directora da Universidade de Santiago. A súa implantación sería primeiro na Coruña e Vigo e é un proxecto que aínda non está avanzado pero xa se empezou a traballar y falta firmar o Convenio co Sergas. Dende CSIF solicitamos que se nos traslade a normativa ao respecto.

 -Teletraballo: O director xeral non o prevé, de momento. Por parte de CSIF xa presentamos escritos dende hai dous anos. Concretamente, outubro de 2024. CSIF foi o primeiro en esixir o teletraballo e seguiremos esixindo para que se cumpla a normativa. 

-Separación RPTs no TSX e AP como antes: Non o prevén pese as presións.  Non obstante, sí poderían trasladar a execución.

-Equipos estruturais: Non queren tampouco implementalos. Consideran que son suficientes os equipos funcionais, ou, en todo caso, creación de grupos.

-A 31 de decembro deste ano entran en funcionamento novas prazas de Maxistrados na Sección terceira e cuarta en A Coruña, sección terceira en Pontevedra, sección sexta en Vigo e din que non hai problemas de espazo. CSIF reitera que coa creación das prazas de Maxistrados se deben crear prazas de persoal funcionario.

-Grazas á firma deste sindicato CSIF a nivel nacional para todos os empregados/as públicos y á presión exercida a nivel autonómico, a Dirección Xeral de Xustiza confirma o mantemento da subida salarial 4,5% máis o 0,5% para o ano 2027.

-Concurso de traslados: O Ministerio ainda non lles pediu a remisión das prazas.

- Auxilios dos SCX: A DXX non está a favor da creación de equipos, din que, como moito, creación de grupos. CSIF insistirá en que a formación de equipos é fundamental para terminar coa problemática de dito servizo.

-Prazas ofertadas á OPE 2023 (orden 64/24): Ante a consulta deste sindicato  CSIF trasládannos que as prazas ofertadas colléronse tendo en conta todas as vacantes existentes e antigüidade das prazas. Din que as prazas que ofertaron saíron xa a concurso de traslados e a resultas e que por ese motivo se incluiron nesta oferta, iso si, tendo en conta as de maior antigüidade sen cubrir. Desde CSIF verificaremos que as prazas ofertadas sexan correctas en todas as provincias.

Aprázase a continuación da Mesa Sectorial para o próximo día 24 de novembro , da que trasladaremos o seu resultado. 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR