Escrito conxunto de SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO sobre a convocatoria de mesas de negociación.
- CSIF Informa
5 de noviembre de 2026

Os sindicatos SPJ-USO, STAJ, UGT, CSIF e CCOO levamos meses demandando unha negociación real ante os problemas laborais que a diario ten que afrontar todo o persoal de Xustiza en Galiza. Como consecuencia, presentamos un escrito conxunto semanas atrás a fin de que se nos convocara a unha mesa sectorial que leva sen celebrarse case medio ano.
No día de onte, recibimos por fin unha comunicación sinalando datas tanto para o CSSL como para a mesa sectorial. Porén, non consideramos de recibo que despois de tantos meses se celebren dúas reunións con tanto contido e calado no mesmo día. Iso obrigaría a reducir enormemente o tempo de debate, abocándonos a unha negociación “de paripé” que as cinco organizacións non podemos aceptar. Amosaría claramente que a Administración se toma estas reunións como mero un trámite para poder dicir que houbo negociación sindical, cando obviamente sen un tempo mínimo de exposición e debate non pode habela. Pero e que, a maior abundamento, a propia DX está recoñecendo o que estamos afirmando. No correo remitido indica explícitamente que “Dado o tempo limitado non será posible que cada organización sindical lea documentos relacionados coas necesidades que non sexan remitidos con anterioridade á Dirección xera”l. Simplemente inaceptable. A DX está confundindo un trámite de audiencia cunha negociación sindical real e efectiva, o que conculca os principios e dereitos recollidos na LOLS. Polo tanto, as CINCO ORGANIZACIÓNS PEDIMOS QUE SE CELEBRE A MESA SECTORIAL O DÍA DEZ E SE POSPOÑA A DO CSSL PARA O DÍA DOCE XOVES OU VENRES TRECE.
Por outra banda, pero non menos importante, vemos que nos puntos da orde do día non se inclúe un punto do máis relevante e fundamental para todo o persoal de Xustiza: O TELETRABALLO. O PROPIO DIRECTOR XERAL NA MESA SECTORIAL CELEBRADA XA NO LONXANO MES DE FEBREIRO, AFIRMOU DIANTE DE TODAS AS ORGANIZACIÓNS QUE XA TIÑAN O BORRADOR DO TELEBRABALLO E QUE O FARÍA CHEGAR NUNS DIAS. Pois ben, nin en días nin en meses, e, a este paso, nin en anos. Por tanto, esiximos que cumpra a súa palabra, e, en consecuencia, admita a petición da maioría sindical de incluir a negociación do teletraballo na orde do día da próxima mesa sectorial.