Información proceso implantación Atenea.
- CSIF Informa
3 de noviembre de 2026
A Dirección Xeral de Xustiza comunícanos o seguinte:
"Dende a Dirección Xeral de Xustiza infórmase que xa está publicado na Intranet de Xustiza un apartado dedicado ao proceso de implantación de Atenea (https://intranet.xustiza.gal/atenea), onde o persoal afectado poderá consultar os seguintes datos:
- As localidades e datas nas que se está a implantar de xeito progresivo Atenea, segundo calendario publicado.
- Información das distintas sesións online programadas e organizadas por perfís, diferenciando, para os caso dos corpos xerais, entre as funcións de rexistro e repartición e as de tramitación e execución. Esta capacitación está dispoñible na Plataforma de Capacitación de Xustiza Dixital da Intranet de Xustiza (https://formacion-xustiza.xunta.gal). Inclúe: a reserva de praza e acceso as sesións de capacitación on-line organizadas por perfís; reserva de praza e acceso ás sesións programadas de dúbidas; os manuais dispoñibles; gravacións de sesións de formación; e foro de consultas.
Aínda que sexa recomendado a participación nas distintas sesión de capacitación segundo as datas de activación de Atenea nas distintas localidades, o persoal funcionario poderá solicitar a súa participación en calquera das sesións programadas que sexan do seu interese.
Tal como se explica na información indicada, o proceso de implantación está suxeito a uns prazos improrrogables:
- 1 de xaneiro de 2027: Activarase o contador único por sección, polo que Atenea será único sistema de xestión procesual operativo nos órganos xudiciais. Non se poderá tramitar en Minerva.
- Do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2027: Realizarase a implantación de Atenea nos SCACE e nas Fiscalías de menores.
- O 28 de febreiro do 2027: Apagado definitivo de Minerva
Logo da finalización do actual proceso de activación de Atenea, informarase das posteriores actividades de reforzo que se establezan."