Proxecto piloto de formación presencial no uso de desfibriladores.

  • Formación

3 de noviembre de 2026

Dende a Dirección Xeral de Xustiza remítennos o seguinte:

"Informámosvos de que mañá se publicará na Intranet de Xustiza o anuncio do proxecto piloto de formación presencial no uso de desfibriladores externos automáticos (DEA), promovido pola Dirección Xeral de Xustiza e dirixido a todo o persoal que traballa nos órganos xudiciais de Galicia.
Esta primeira edición contará cun total de 65 prazas. As solicitudes atenderanse por orde de entrada ata cubrir as prazas dispoñibles, tendo en conta a dispoñibilidade en cada sede e a organización dos grupos. A presentación da solicitude non supón a confirmación automática da praza.
As sesións desenvolveranse presencialmente nas sedes da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra, en grupos reducidos. A previsión é realizar a formación antes de finais de 2026.
As persoas interesadas poderán solicitar praza no prazo de cinco días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio, enviando un correo electrónico a xustiza@xunta.gal cos seguintes datos:
  • Nome e apelidos.
  • Órgano xudicial e unidade de destino.
  • Sede na que solicitan realizar a formación.
  • Correo electrónico corporativo e teléfono de contacto profesional.
A confirmación da participación, así como a data, o horario e o lugar concreto da sesión asignada, comunicarase a través do correo electrónico facilitado.
Se o número de solicitudes supera as prazas dispoñibles, as persoas que non obteñan praza nesta primeira edición teranse en conta para sucesivas edicións do proxecto."

COMPARTIR