T.I. de Santiago: CSIF solicita reforzo de cadro de persoal ou ampliación de xornada do persoal da área civil, social e contencioso-administrativa
- CSIF Informa
3 de noviembre de 2026
Dado que o persoal do Servizo Común de Tramitación (áreas civil, social e contencioso-administrativa) do T.I. de Santiago soporta unha sobrecarga acumulada que o cadro de persoal actual non pode absorber en xornada ordinaria, dende CSIF solicitamos á DXX:
-Que se acorde, con carácter urxente, o reforzo do Servizo Común con dous funcionarios, con prioridade á área social, mediante fórmula de reforzo.
-Que, mentres se fai efectivo ese reforzo, se autorice a ampliación de xornada voluntaria do persoal do Servizo Común, coa compensación económica ou en descanso que corresponda.