ATENEA: CSIF solicita a ampliación da formacion on line e que haxa formación presencial

  • CSIF Informa

3 de noviembre de 2026

Dende CSIF solicitamos á Dirección Xeral de Xustiza que se amplíen as sesións de formación en liña de Atenea a todos os días laborables, de luns a venres, atendendo de forma prioritaria ás necesidades dos órganos de menor tamaño dado que se imparten actualmente só en determinados días da semana. Nos órganos xudiciais pequenos, con cadros de persoal reducidos, resulta moi difícil que o persoal poida ausentarse en datas fixas sen afectar ao servizo, o que limita a súa asistencia real e atrasa a formación, especialmente do persoal de novo ingreso ou interino.

Pedimos tamén, unha vez máis, formación presencial sobre Atenea, impartida durante varias semanas seguidas, en grupos reducidos e con quendas que faciliten a asistencia do persoal.

Ademais, solicitamos que se informe ás organizacións sindicais e ao persoal das datas, sedes e prazas dispoñibles con antelación suficiente.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR