CSIF solicita a adaptación lingüística do programa Atenea na Administración de xustiza en Galicia.
- CSIF Informa
22 de octubre de 2026
Dende CSIF remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza co obxectivo de que o carácter bilingüe de Galicia teña unha aplicación efectiva no funcionamento cotián da Administración de Xustiza e de que o uso do galego e do castelán sexa unha opción real, accesible e funcional en todas as fases da tramitación procesual.
Na nosa solicitude, pedimos:
1.Que se permita a tramitación indistinta dos asuntos en galego ou en castelán, de xeito que a lingua poida seleccionarse segundo as necesidades de cada actuación, sen que exista unha lingua predeterminada que limite o uso da outra.
2. Que se incorporen todos os modelos e documentos asociados aos distintos tipos de procedementos nas dúas linguas oficiais, incluíndo, entre outros, dilixencias, providencias, autos, resolucións, citacións, notificacións, requirimentos, oficios, mandamentos, exhortos e demais documentos dispoñibles na aplicación.
3. Que se garanta a equivalencia funcional e de contido das versións en galego e castelán, de maneira que ambas permitan realizar as mesmas actuacións e xerar documentos coa mesma validez e funcionalidade.
4. Que se permita seleccionar a versión lingüística do modelo no momento de elaborar ou xerar cada documento, evitando que a configuración xeral do programa ou o idioma preestablecido obriguen a utilizar unha única lingua.
5. Que se estenda esta adaptación a todos os órganos xudiciais e procedementos nos que se utilice Atenea en Galicia, evitando solucións parciais que non garantan unha dispoñibilidade real das dúas linguas oficiais.
6. Que se informe das actuacións previstas para implantar estas medidas, indicando, se é o caso, as necesidades técnicas detectadas e o calendario estimado para a súa execución.